Fegatramer

LA XUNTA DE GALICIA SE REUNE EN LA MAÑANA DE HOY CON LOS AGRICULTORES, GANADEROS Y TRANSPORTISTAS

Imagen.

LA XUNTA DE GALICIA SE REUNE EN LA MAÑANA DE HOY CON LOS AGRICULTORES, GANADEROS Y TRANSPORTISTAS

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o conselleiro do Medio Rural, José González, reuníronse esta mañá en San Caetano con representantes dos sectores agrario e do transporte de Galicia, entre los que se encontraban los representantes de la Federación Gallega de Transportes, Fegatramer,  para trasladarlles o apoio da Xunta diante das dificultades xeradas polas protestas do sector agrario en varios países europeos.

A titular de Infraestruturas e Mobilidade sinalou en primeiro lugar que ambos os dous sectores son estratéxicos para Galicia, tanto polo volume de postos de traballo que representan como polo seu carácter esencial para a sociedade. Manifestou, ademais, a crecente preocupación da Xunta diante das elevadas perdas, de millóns de euros, que trasladan os transportistas a causa desta situación.

A maiores, Ethel Vázquez lembrou que, a petición do sector, xa o pasado martes se dirixiu ao ministro de Transportes para pedirlle unha intervención do Goberno de España e lamentou que, polo momento, ese chamado non tivera resposta. Por iso, afeou a “inacción internacional” do Goberno central á hora de traballar para garantir a libre circulación e os acordos internacionais ao respecto.

Engadiu que no sector de mercadorías “xa viñamos dunha situación complexa“ e que “estamos nun contexto con competencia desleal e lexislación europea que non se adapta á realidade dos profesionais que teñen que vivir deste traballo”. Por iso, sinalou que o seu departamento mantivo e mantén un contacto permanente co sector, ao carón das súas necesidades.

Pola súa banda, en relación co sector agrogandeiro, o conselleiro do Medio Rural indicou que a Xunta comparte a preocupación dos agricultores e gandeiros galegos. Ademais de rexeitar calquera acto violento que se poida producir nas protestas -como tamén fixo Ethel Vázquez-, José González instou ao Goberno de España a actuar coa máxima urxencia, establecendo os acordos necesarios que permitan garantir a libre circulación nas fronteiras.

Nesta mesma liña, o conselleiro esixiu ao Ministerio de Agricultura que actúe dunha vez, con contundencia, na defensa do sector primario diante de declaracións como as realizadas por políticos franceses, caso da ex-ministra  Ségòlene Royal -sobre os tomates bio españois- ou o primeiro ministro galo, sobre o suposto incumprimento das regras de xogo polos produtores españois.

Neste sentido, o titular de Medio Rural considera extremadamente tibia a xestión realizada ata o de agora polo Ministerio para facer fronte a esta problemática. Engadiu que resulta evidente que hai un descontento común a toda Europa, por algo que dende Galicia se leva moito tempo tratando de facer ver ao propio ministro Luis Planas. Isto é, que Bruxelas lexisla ás costas de agricultores, gandeiros e do sector do mar, impoñendo burocracia e esixencias de todo tipo que non respectan o papel decisivo do ámbito primario na produción de alimentos e na consecución dunha verdadeira soberanía alimentaria europea

...

Creado por: versiongalega.com

Este sitio usa cookies para almacenar información necesaria para su funcionamiento. Entendemos que al visitar nuestra página está ofreciendo su consentimiento para el uso de cookies.
Leer nuestra política