FEGATRAMER - PREVENCION DE RISCOS LABORAIS

Fegatramer.es
Imaxe da nova.

2011-08-08

Reunión do comité Galego de Transportes coa Consellería de Traballo

O Comité Galego de Transportes, órgano consultivo da Xunta de Galicia, constituído polas organizacións empresariais máis representativas do sector do transporte por estrada de Galicia, coa súa Presidenta D ª Carmen Castelao Muiña á cabeza mantiña o pasado día 18 de xullo, unha reunión coa Conselleira de Traballo e Benestar, Dª. Beatriz Mato, á que tamén asistiron a Directora Xeral de Fomación e Colocación, Dª. Ana María Díaz López e o Director Xeral de Mobilidade de la Xunta de Galicia, D. Miguel Rodríguez Bugarín, ao obxecto de expoñer a situación do sector en canto á aplicación da Directiva 2003/59/CE e o RD do Mº de Fomento 1032/2001 de Formación Obrigatoria de Condutores Profesionais, que afecta en Galicia a 7.537 empresas de transporte público de mercadorías por estrada e uns 27.350 condutores profesionais deste sector estratéxico para Galicia.

A entrada en vigor en Galicia da chamada reciclaxe CAP., ou máis estritamente da formación continua obrigatoria de condutores profesionais, fará que na Comunidade galega, cada ano unha media de 5.470 condutores profesionais de transporte público de mercadorías por estrada teñan que realizar un curso de 35 horas, o devandito curso sen solución de continuidade, haberá de repetirse cada 5 anos. E estes deberán de realizarse en Centros de Formación homologados polo Mº de Fomento, en Galicia, a Dirección Xeral de Mobilidade.

Todo condutor, encadrado dentro do ámbito de aplicación do RD 1032/2007 e polo tanto obrigado a realizar o curso de formación continua CAP., senón o realizase segundo o arquivo adxunto a esta noticia, non poderá seguir traballando como condutor ata que o faga.

As organizacións empresariais maioritarias do transporte galego expuxeron ante a Conselleira de Traballo e Benestar, a grave situación económica pola que está a pasar o sector e que esta formación obrigatoria é unha preocupación e un custo máis engadido para as empresas do transporte de Galicia, que se estima, en máis de 2.000.000 de euros anuais. Ademais, co agravamente da dificultade de que esta formación afecta aos condutores, traballadores móbiles por excelencia e a un sector moi atomizado, cuxas empresas nun 50% son autónomos, que non teñen acceso ás axudas á formación de demanda (bonificación cotas de formación profesional á seguridade social), e en máis dun 60% non superan os 3 traballadores.

Por todo iso, as Federacións Galegas de Transporte, entre elas Fegatramer, representadas no Comité Galego, demandaron da Conselleira de Traballo e da Xunta de Galicia un esforzo e compromiso co sector.

Tanto a Conselleira de Traballo e Benestar coma o Director Xeral de Mobilidade comprometéronse a traballar para dotar de axudas ao sector, ao obxecto de facer fronte a este reto da formación continua obrigatoria de condutores profesionais en Galicia.

 

 

voltar á páxina anterior

C\ Laverde Ruíz Nº6 Bajo - Teléfono: 981 59 75 00 - Fax: 981 59 86 20 - fegatramer@fegatramer.es

creado por: versiongalega/adptacionalalopd