O paro rexistrado baixou en España en 42.059 persoas (-1,02%) ao finalizar o mes de xullo, segundo os datos das Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego. Desta forma, o número de persoas en situación de desemprego situouse en 4.079.742.
A cifra coñecida hoxe supón o segundo maior descenso do desemprego nun mes de xullo dende 1999. En termos interanuais, aumentou en 171.164 persoas (4,38%), mentres que en xullo de 2010 o incremento foi de 364.483 desempregados máis que o ano precedente (10,3%).
A secretaria de Estado de Emprego, Mari Luz Rodríguez, destacou que "xa levamos catro meses seguidos nos que baixa o desemprego, o que supuxo que unha redución do paro de máis de 250.000 persoas".
Para Rodríguez a diminución do paro en xullo, xunto á dos tres meses anteriores, "é unha boa noticia que nos estimula a seguir traballando e atendendo ás persoas desempregadas" "para que poidan encontrar un traballo".
No último mes, o paro masculino situouse en 2.002.552 desempregados, ao baixar en 20.555 (-1,02%), e o feminino en 2.077.220, posto que descendeu en 21.504 (-1,02%) respecto ao mes anterior. Esta baixada do paro feminino é a maior producida nun mes de xullo dende 2004.
O desemprego dos mozos menores de 25 anos redúcese en xullo en 7.730 persoas (-1,81%) respecto ao mes anterior, mentres que entre as persoas maiores de 25 anos baixa en 34.329 (-0,93%).
Por sectores económicos, o paro rexistrado diminuíu nos Servizos en 28.932 persoas (-1,20%); na Industria fíxoo en 8.247 (-1,72%) e na Construción baixou en 5.614 (-0,77%). Na Agricultura aumentou en 981 persoas (0,70%). Por último, entre o colectivo Sin Empleo Anterior o desemprego reduciuse en 247 persoas (-0,07%).
Por outra parte, o paro rexistrado baixou en 12 Comunidades Autónomas, entre as que destacan Galicia (-10.557), Comunidade Valenciana (-9.622) e Cataluña (-5.525). En cambio, sobe en 5 encabezadas por Canarias (1.666), Aragón (601) e Madrid (446). En canto ás provincias, o desemprego rexistrado descende en 40, entre as que destacan: Alicante (-4.926), Pontevedra (-4.476) e Cádiz (-3.929). Pola contra, sobe en 12, encabezadas por Sevilla (2.086) e Tenerife (1.465).
Páxina financiada por:
Xunta de Galicia - Dirección xeral de relacións laboraisC\ Laverde Ruíz Nº6 Bajo - Teléfono: 981 59 75 00 - Fax: 981 59 86 20 - fegatramer@fegatramer.es
creado por: versiongalega/adptacionalalopd