FEGATRAMER - PREVENCION DE RISCOS LABORAIS

Fegatramer.es
Imaxe da nova.

2011-09-06

A sinestralidade laboral descendeu en Galicia en xullo nun 30,39 por cento

Do total dos sinistros 2.245 foron leves, 31 graves e 3 mortais.

Por sectores, descenderon na construción nun 43,03%, na industria nun 33,04%, nos servizos nun 24,32% e na pesca no 13,04%, no que diminuíron menos foi na agricultura, que se situou nun 12,95%.

A Xunta para ter unha visión precisa da evolución da sinestralidade laboral, utiliza, informa en comunicado de prensa, o índice de incidencia, que compara o número de accidentes co número de traballadores coas continxencias profesionais cubertas.

O índice de incidencia do total dos accidentes en xornada laboral en Galicia descendeu un 28,82% en xullo deste ano respecto ao anterior.

Por sectores, o de maior descenso foi a construción co 34,10%, mentres que na industria foi do 30,24% e nos servizos a diminución foi do 24,41%.

Destaca, ademais, que a diminución acumulada é do 18,26% entre xaneiro e xullo, cun total de 18.171 accidentes laborais fronte aos 22.229 no mesmo período do ano 2010.

Este descenso prodúcese en todas as provincias, cunha porcentaxe do 24,17% en Pontevedra, dun 17,73% en Ourense, do 14,83% en Coruña e do 11,23% na de Lugo. 05/09/2011 - abc.es - Galicia

voltar á páxina anterior

C\ Laverde Ruíz Nº6 Bajo - Teléfono: 981 59 75 00 - Fax: 981 59 86 20 - fegatramer@fegatramer.es

creado por: versiongalega/adptacionalalopd