FEGATRAMER - PREVENCION DE RISCOS LABORAIS

Fegatramer.es
Estudo para a avaliacion do sector do transporte de mercadorias Guía de prevención de riscos laborais. Fegatramer Manual de uso do tacógrafo

Qué é Fegatramer prevención?

A Federación Galega de Transportes de Mercancías, Fegatramer, é unha Federación de ámbito autonómico, na que están englobadas empresas representativas de todo os subsectores que conforman o sector do transporte de mercadorías por estrada en Galicia, carga xeral, mudanzas, mercadorías perigosas, construción, escavacións e desmontes, frigoríficos, etc.

No seu conxunto alcanza a representación do 62% do sector empresarial de transporte de mercadorías por estrada e do 98% de empresas de servizos auxiliares de transporte, (Axencias, Distribuidores e Almacenistas), da nosa Comunidade, como así se reflicte na acta de Constitución do Comité Galego de Transportes da Xunta de Galicia.

A Lei de Prevención de Riscos Laborais obliga a dar información e difusión da normativa, actuacions e actividades preventivas en materia de seguridade e saúde laboral para os traballadores e traballadoras i empresarios do sector do transporte de mercancías por estrada.

A necesidade de adoptar as medidas preventivas no desenvolvemento da nosa actividade profesional, debe ser un compromiso non só dos traballadores no exercicio da súa actividade, senón tamén dos empresarios á hora de informar, xestionar e cumprir as obrigas que establece a Lei de Prevención de Riscos Laborais na empresa. Pero ademais, está comprobado que o cumprimento e aplicación dunha correcta política de prevención é un factor de produtividade e eficiencia empresarial.

Por todo elo, considerouse a necesidade de diseñar unha web informativa e de divulgación en materia de prevención de riscos laborais no sector do transporte de mercancías por estrada de Galicia, Fegatramer Prevención, aproveitando as utilidades das novas tecnoloxías, maximizando a interacción cos interesados a través destas ferramentas ligadas as NT.

Con este proxecto de Fegatramer Prevención na seguridade e saude laboral, a Federación Galega de Transportes, intensifica o seu labor en materia de prevencíon laboral, cara ás empresas do sector do transporte en xeral e das asociadas en particular, propoñendo actuacións en materia de seguridade e saude no traballo e facendo chegar ás administracións públicas a necesaria atención que sobre esta materia require o noso sector.

voltar á páxina anterior

C\ Laverde Ruíz Nº6 Bajo - Teléfono: 981 59 75 00 - Fax: 981 59 86 20 - fegatramer@fegatramer.es

creado por: versiongalega/adptacionalalopd