Fegatramer

UNHA REFLEXIÓN SOBRE O PARO NO SECTOR DO TRANSPORTE

Imagen.

 

UNHA REFLEXIÓN SOBRE O PARO NO SECTOR DO  TRANSPORTE

Bo día, por decir algo, porque no son bos días, nin bo tempo, pola dramática  situación pola que atravesan moitas empresarios de transporte de Galicica, e cando falamos de  empresarios, falamos dende  un autónomo con un camión como o que ten cen, e ser bo ou mal empresario ou persona,  non depende  de ser grande ou pequeno, porque cada un elixe libremente o tipo de empresa que quere ou pode ter, a cuestión e como se xestiona, como se actúa, que entendemos que debe de ser  con sentido común, legalidade e coñecementos da actividade profesional que se desenvolve.

E verdade que o desmesurado precio do gasóleo amenaza con acabar con todo e con todos, non só co transporte, senon con outros sectores, nadie dí  claramente que o que está a pasar é unha situación de “guerra” en termos económicos e empresariales, e temos que prepararnos para os tempos duros que estamos vivindo e os que  están por chegar. Pero tamén pedimos cas distintas administracións estén a altura das circunstancias e nos axuden no que entendemos que se pode, por exemplo rebaixa dos impostos do gasóleo e gas dos camións de xeito transitorio,  pero no so debemos  esixir respostas da administración, senón tamén a nos mesmos,  os transportistas, que temos que tratar de analizar a nosa empresa, o nosos proveedores, o nosos costes e o xeito de traballar, para facélo o mellor posible, quizá xa sexa tarde para algunhas empresas e tamén o momento más complicado para facelo, pero non queda outra, haberá que  apretar os dentes e tirar para diante, pero con sentido común, profesionalidade e legalidade, e ter sorte para que tamén as circunstancias do mercado nacional e internacional melloren un pouco e nos axuden.

E nestes intres  tan duros para todos, e en especial para os que perderon a sua empresa, ou seu camión ou camións,  ou non poden pagar o gasóil do mes,  so queda dar ánimos, e pedir que o sector esté unido e apoiarnos unhos os outros, como nunca se fixo no sector do transporte, pero ante esta situación tan complicada e gravísima que estamos a vivir non queda outra, porque senón esto no terá saida algunha, e repito, pedir tamén a administración que no mire para outro lado, e que de xeito urxente tome as medidas necesarias para axudarnos, pero esta axuda non servirá se as empresas do sector non son que de axudarse a se mesmas,  traballando  doutro xeito,  analizando os seus costes, a prestación dos seus servicios, no facendo competencia desleal, etc., e os cargadores recordalles que o final as suas mercadorias no se moven solas, que necesitan dos camións, das nosas empresas,  e que so ca colaboración e o entendemento das necesidades de cada parte, as mercadorías poderán chegar felizmente o seu destino, que é o obxectivo compartido de cargador e porteador efectivo, por eso pedimos os cargadores que compartan os nos problemas, que nos entendan e que nos atendan.


 

 

Creado por: versiongalega.com

Este sitio usa cookies para almacenar información necesaria para su funcionamiento. Entendemos que al visitar nuestra página está ofreciendo su consentimiento para el uso de cookies.
Leer nuestra política